Ao comezo de cada curso organízase unha xornada de presentación e acollida para os novo estudantado con información sobre a estrutura organizativa da titulación. Infórmase sobre a distribución de créditos e profesorado das distintas materias, horarios de clase e titorías, así como sobre a organización e distribución dos centros e prácticas externas.
Faise especial fincapé no uso da páxina web do mestrado e o Campus Virtual como vías de apoio e orientación e como canles de comunicación entre estudantado e docentes. O sistema de teledocencia (Moovi) resulta un instrumento esencial de apoio á formación facilitando a disposición de materiais e recursos en liña.
Así mesmo infórmase sobre o funcionamento dos servizos e infraestruturas da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e da Universidade de Vigo (instalacións deportivas e culturais, normativas, bolsas e axudas, etc.) e a solicitude da Tarxeta Universitaria, que identifica aos distintos membros da Comunidade Universitaria e permite o acceso a distintos servizos da universidade.
Por outra banda, os novo estudantado do mestrado dispoñerá na Biblioteca da Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) dunha xornada informativa sobre servizos, bases de datos, hemeroteca, formas de acceso, etc.