CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicolóxicos e a resposta organizativa de centro e servizos de apoio en contornas con poboacións con dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, así como no deporte de base e na actividade física para poboacións especiais.
CG2 Sintetizar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención, resposta organizativa de centro e os servizos de apoio e integralos nos contextos de aprendizaxe do estudante, o deporte de base, así como da actividade física para poboacións especiais, a saúde e a calidade de vida, sen discriminación de xénero, de clase, nin de etnia.
CG3 Deseñar sistemas de asesoramento e de intervención educativa teniendo en cuenta a resposta organizativa do centro, as metodoloxías e as TIC para a inclusión escolar, así como o deporte adaptado, a actividade física para persoas con distinta discapacidade, o exercicio físico, a saúde e a calidade de vida.
CG4 Xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento, as destrezas adquiridas, axustando as habilidades pertinentes que as conforman. Todo iso con criterios de non discriminación de xénero e respecto dos valores democráticos.
Competencias específicas
CE1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase, e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo), delimitando ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
CE2 Saber detectar e analizar posibles barreiras para o acceso ao currículo, a aprendizaxe e a participación do alumnado con necesidades educativas especiais e problemas de aprendizaxe.
CE3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse coas súas necesidades educativas especiais.
CE4 Xerar destrezas para aprender a deseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
CE5 Aprender a colaborar cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, promovendo a mellor resposta educativa.
CE6 Saber avaliar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.
Competencias transversais
CT1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT2 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
CT3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CT4 Propoñer iniciativas, xerar ideas novas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade.
CT5 Capacidade de organización, planificación e autoavaliación.
CT6 Traballar en grupo e desenvolver actitudes de participación e colaboración.
CT7 Comunicar con eficacia o coñecemento obtido, de forma oral e escrita, tanto a persoas non expertas como a outros especialistas, utilizando os recursos persoais e apoiándose nas tecnoloxías da información e a comunicación.
CT8 Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade.
CT9 Actuar con coherencia, responsabilidade e rigor, mantendo un compromiso ético.