Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Traballo Fin de Máster (TFM) é unha materia de 10 créditos ECTS, que se realizará durante o segundo cuadrimestre, tutelado por persoal docente do título que se lle será asignado a cada estudante. Para a realización do mesmo os estudantes e titores deben ter en conta unha serie de orientacións e procedementos.

O TFM consistirá nun traballo relacionado cos contidos dalgunha das materias do mestrado e, no posible, vinculado ás actividades realizadas nas prácticas externas. Ten como obxectivo demostrar o dominio que o/a estudante posúa sobre un tema ou problema relacionado coas necesidades de apoio educativo. Deberá ser o resultado das competencias adquiridas ao longo do mestrado, que se concretan nas seguintes competencias básicas:

  • Aplicar os coñecementos adquiridos durante o mestrado na elaboración e deseño dun programa aplicado nunha área específica que permita profundar no coñecemento do apoio educativo.
  • Adquirir habilidades para obter e analizar críticamente a información científica e construír un marco teórico que sustente conceptualmente un programa de intervención.
  • Diagnosticar necesidades e problemas educativos especiais.
  • Ser capaz de planificar, deseñar e levar a cabo unha intervención específica de inclusión e normalización.
  • Saber interpretar e comunicar de forma científica os resultados do traballo profesional.
  • Saber preparar un informe final para a súa comunicación e publicación.

 

Documentación

 

Defensa do TFM 2025/2026

PERÍODO DATAS
Convocatoria adiantada 20 de febreiro de 2026
1ª oportunidade Do 15 ao 16 de xuño de 2026
2ª oportunidade Do 15 ao 16 de xullo de 2026