O cadro de docentes do máster está composto por profesorado e persoal investigador universitario (especialista na área da educación especial) e profesionais cunha recoñecida traxectoria en distintos ámbitos das necesidades de apoio educativo.
- Alfonso Gil, Sonia
- Ares Ferreirós, Martina
- Asensio Cubero, Esther
- Ayán Perez, Carlos Luis
- Barcala Furelos, Roberto Jesús
- Carrera Conde, Iria
- Conde Rodríguez, María Ángeles
- Deaño Deaño, Manuel
- Díaz Pereira, María del Pino
- Dosil Díaz, Joaquín
- Fariña Rivera, Francisca
- Fernández Barreiros, Miriam
- Fernández Cons, Mercedes
- García Señorán, María del Mar
- García Soidan, José Luís
- Gayo Álvarez, Elena
- González González, Salvador Guillermo
- Iglesias Sarmiento, Valentín
- Martínez Figueira, María Esther
- Martínez Lemos, Rodolfo Iván
- Martínez Patiño, María José
- Martínez Vidal, Aurora
- Mosqueda Bueno, Olegaria
- Ojea Rúa, Manuel
- Parente, Fernanda Leopoldina
- Raposo Rivas, Manuela
- Rebollo Vázquez, Ana
- Rodríguez Enríquez, Mónica
- Rodríguez Rodríguez, Juan Luís
- Soto Carballo, Jorge Genaro
- Tellado González, Fernando
- Torres Santiago, María Rocío
- Vázquez Figueiredo, María José
Mecanismos de coordinación docente
O procedemento de coordinación docente deste título é tanto vertical como horizontal. Estrutúrase a través das figuras da Coodinadora do Máster e os Coordinadores/as de Materias, de Traballos de Fin de Máster (TFM) e do Practicum.
Para asegurarse unha adecuada coordinación docente e a avaliación continuada das materias en cada curso académico, realizaranse reunións de seguimento entre os distintos coordinadores e utilizarase un espazo común de traballo habilitado para tal fin na plataforma de teleformación (MooVi) para un intercambio fluído de información e experiencias.
Ao comezo de cada curso revisarase o calendario de actividades co fin de que non se produzan solapamentos nos contidos entre as guías docentes das distintas materias e corrixir a tendencia á sobrecarga na proposta de actividades para o estudantado, asegurándose unha distribución equilibrada de tarefas ao longo de todo o curso académico apoiada nunha programación racional das materias. Para logralo proporcionaranse con certa periodicidade datos de seguimento para manter informado o profesorado e ao decanato sobre incidencias e eventos relevantes.
Ao finalizar cada cuadrimestre e o propio curso académico celebraranse reunións destinadas a facer balance e destacar posibles problemáticas a resolver para os seguintes cuadrimestres e curso académico. Con todo iso perséguese analizar as distintas propostas de mellora, establecer criterios básicos de avaliación e organizar actividades conxuntas que afecten a máis dunha materia, por citar algúns obxectivos concretos.
En definitiva, o sistema de coordinación pretende constituírse como un elemento fundamental na introdución dos novos obxectivos e metodoloxías e, sobre todo, servirá para profundar nunha mellor coordinación entre docentes e entre estes e o centro.