O Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo contará con dúas materias de formación práctica que se realizarán en asociacións e entidades tanto públicas como privadas que traballan no ámbito das persoas con discapacidade e coas que a Universidade de Vigo estableceu un convenio de cooperación formativa.
Estas prácticas externas están dirixidas a adquirir competencias profesionais específicas no traballo práctico e real e a facilitar a integración e aplicación de todas as competencias adquiridas no máster.
Na materia Prácticas Externas I os estudantes rotarán un total de 115 horas por entidades e servizos de distintas institucións que traballan no ámbito da discapacidade para coñecer as necesidades específicas de axuda dos distintos colectivos de persoas discapacidade (físicos, sensoriais, intelectuais, derivados do contexto sociocultural, etc.).
Na materia Prácticas Externas II cada estudante elixirá un centro/servizo para realizar 155 horas de prácticas tuteladas por un profesional do mesmo e co seguimento, supervisión e titoría dun profesor/a do máster.
Os elementos centrais das prácticas son a participación activa nos distintos centros/servizos e a reflexión sobre a práctica realizada polo que, como produto das mesmas, os estudantes terán que realizar unha memoria de prácticas. Para a realización das prácticas os estudantes e titores/as deben ter en conta unha serie de orientacións e procedementos.
Documentación
Calendario do practicum
Prácticas | Data |
---|---|
Prácticas Externas I | 1º cuadrimestre Outubro a xaneiro |
Prácticas Externas II | 2º cuadrimestre Febreiro a xuño |