O Traballo Fin de Máster (TFM) é unha materia de 10 créditos ECTS, que se realizará durante o segundo cuadrimestre, tutelado por persoal docente do título que se lle será asignado a cada estudante. Para a realización do mesmo os estudantes e titores deben ter en conta unha serie de orientacións e procedementos.
O TFM consistirá nun traballo relacionado cos contidos dalgunha das materias do máster e, no posible, vinculado ás actividades realizadas nas prácticas externas. Ten como obxectivo demostrar o dominio que o/a estudante posúa sobre un tema ou problema relacionado coas necesidades de apoio educativo. Deberá ser o resultado das competencias adquiridas ao longo do máster, que se concretan nas seguintes competencias básicas:
- Aplicar os coñecementos adquiridos durante o máster na elaboración e deseño dun programa aplicado nunha área específica que permita profundar no coñecemento do apoio educativo.
- Adquirir habilidades para obter e analizar críticamente a información científica e construír un marco teórico que sustente conceptualmente un programa de intervención.
- Diagnosticar necesidades e problemas educativos especiais.
- Ser capaz de planificar, deseñar e levar a cabo unha intervención específica de inclusión e normalización.
- Saber interpretar e comunicar de forma científica os resultados do traballo profesional.
- Saber preparar un informe final para a súa comunicación e publicación.
Documentación
Defensa do TFM 2023/2024
PERÍODO | DATAS |
---|---|
Convocatoria adiantada | 16 de febreiro de 2024 |
1ª oportunidade | Do 13 ao 14 de xuño de 2024 |
2ª oportunidade | Do 16 ao 17 de xullo de 2024 |