Obxectivos xerais

  • OG1: Adquirir unha formación avanzada e multidisciplinar, orientada á especialización profesional na intervención nas dificultades de aprendizaxe específicas, as debidas ao contexto socio-cultural e as derivadas dos trastornos do desenvolvemento.
  • OG2: Capacitar para a promoción da mellora da resposta educativa en cooperación con outros profesionais co obxectivo de mellorar a calidade de vida do alumnado mantendo un claro compromiso social e ético.

Obxectivos específicos

  • OE1Coñecer as características do desenvolvemento e aprendizaxe correspondente ás diversas etapas educativas.
  • OE2Coñecer os fundamentos biolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, sociais e lingüísticos das diferentes necesidades educativas específicas.
  • OE3Ser capaz de elaborar e deseñar diferentes sistemas de análises e avaliación de necesidades educativas específicas.
  • OE4Sintetizar diversas estratexias para adaptar o ensino ás necesidades educativas especiais.
  • OE5Avaliar os recursos técnicos que contribúan a mellorar as condicións de aprendizaxe, a calidade de vida e a inserción laboral.
  • OE6Aplicar técnicas de organización dos centros escolares para a atención ás necesidades educativas específicas.
  • OE7: Saber transmitir adecuadamente tanto en contextos académicos como á sociedade no seu conxunto os achados atopados, así como os coñecementos, xuízos e argumentacións nos que se sustentan.