Inicio

Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo

O Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo supón unha vía de especialización e profesionalización para as persoas tituladas superiores que pretenden dedicarse ao amplo campo da atención ás necesidades educativas específicas. A formación que se ofrece permite ampliar e profundar coñecementos, estratexias e actitudes no campo da educación e o deporte xa que, sen renunciar aos compoñentes teórico-conceptuais, a formación céntrase fundamentalmente nos aspectos tecnolóxico-instrumentais e técnico-prácticos.
 

Avisos

Xornada de acollida

A xornada de acollida do Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo realizarase o venres 13 de setembro ás 17 horas na aula 8 da … Continuar

Todos os avisos

 

O máster ten unha duración dun curso académico con 60 ECTS distribuídos en dous cuadrimestres. As sesións presenciais desenvólvense en horario de tarde. A metade dos créditos- de carácter práctico- corresponden ao Practicum e ao Traballo Fin de Master. Do resto, 24 créditos cúrsanse en materias obrigatorias e 6 en materias optativas.

O Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo impártese desde o curso 2010/2011.

Cabe destacar que segundo os criterios fixados pola Comisión autonómica de habilitacións de Galicia, o título oficial de Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo (art. 6.2.a.3º RD 476/2013) habilita para impartir docencia na especialidade de Pedagoxía Terapéutica nos centros privados aos posuidores dos títulos de Grao de Educación Primaria, Mestre/a, Diplomado/a EXB ou Mestre/a de primeiro ensino sen mención ou especialidade.