O desenvolvemento das seguintes competencias dará lugar ao perfil de egreso do Máster:
- CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
- CG1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicolóxicos e a resposta organizativa de centro e servizos de apoio en contornas con poboacións con dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, así como no deporte de base e na actividade física para poboacións especiais.
- CG2 Sintetizar os coñecementos adquiridos sobre avaliación e intervención, resposta organizativa de centro e os servizos de apoio e integralos nos contextos de aprendizaxe do estudante, o deporte de base, así como da actividade física para poboacións especiais, a saúde e a calidade de vida, sen discriminación de xénero, de clase, nin de etnia.
- CG3 Deseñar sistemas de asesoramento e de intervención educativa teniendo en cuenta a resposta organizativa do centro, as metodoloxías e as TIC para a inclusión escolar, así como o deporte adaptado, a actividade física para persoas con distinta discapacidade, o exercicio físico, a saúde e a calidade de vida.
- CG4 Xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento, as destrezas adquiridas, axustando as habilidades pertinentes que as conforman. Todo iso con criterios de non discriminación de xénero e respecto dos valores democráticos.
- CT1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
- CT2 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
- CT3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
- CT4 Propoñer iniciativas, xerar ideas novas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade.
- CT5 Capacidade de organización, planificación e autoavaliación.
- CT6 Traballar en grupo e desenvolver actitudes de participación e colaboración.
- CT7 Comunicar con eficacia o coñecemento obtido, de forma oral e escrita, tanto a persoas non expertas como a outros especialistas, utilizando os recursos persoais e apoiándose nas tecnoloxías da información e a comunicación.
- CT8 Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidad.
- CT9 Actuar con coherencia, responsabilidade e rigor, mantendo un compromiso ético.
- CE1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase, e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo), delimitando ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
- CE2 Saber detectar e analizar posibles barreiras para o acceso ao currículo, a aprendizaxe e a participación do alumnado con necesidades educativas especiais e problemas de aprendizaxe.
- CE3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse coas súas necesidades educativas especiais.
- CE4 Xerar destrezas para aprender a deseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
- CE5 Aprender a colaborar cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, promovendo a mellor resposta educativa.
- CE6 Saber avaliar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.