A transferencia e recoñecemento de créditos faráse conforme ao previsto no artigo 6 do RD 1393/2007 (Modificado polo art. único.2 do Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo), según o cal “las universidades elaborarán y harán pública su normativa sobre el sistema de recoñecemento y transferencia de créditos, con sujeción a los criterios generales que sobre el particular se establecen en este Real Decreto”.
- Normativa de Transferencia e recoñecemento de Créditos
- Procedemento de recoñecemento de créditos en estudos de máster 2019/2020
Según o indicado na Normativa de Transferencia e recoñecemento de Créditos da Uvigo, a Comisión Académica do Máster será o órgano encargado de valorar, a petición do interesado, o recoñecemento de créditos cursados noutros plans de estudo, tendo en conta a adecuación entre as competencias e os coñecementos asociados ás materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos que se propón, ou ben que teñan carácter transversal. De acordo coa citada normativa, todos os créditos obtidos polo estudante cursando este Máster, así como os transferidos, serán incluidos no seu expediente académico e reflexados no Suplemento Europeo ao Título.
Non se levará a cabo recoñecemento algún por créditos cursados en ensinanzas superiores oficiais non universitarias, por créditos cursados en títulos propios nin por acreditación de experiencia laboral e profesional.
Non poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes á materia “Traballo Fin de Máster”, de acordo co RD 861/2010, de 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. En calquera caso, respetarase a normativa contemplada no Real Decreto 1618/2011, de 14 de novembro, sobre recoñecemento de estudos no ámbito da Educación Superior.