Requisitos de acceso

Para o acceso aos ensinos do Máster é necesario estar en posesión dun título universitario español ou outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de orixe, así como titulados de sistemas educativos alleos ao EEES, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e de que faculte, no país expedidor do título, para acceder aos ensinos de posgrao.

Terán preferencia quen posúa as licenciaturas en Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Ciencias da Activididade Física e do Deporte, diplomados en Maxisterio e os seus equivalentes de título de grao (titulacións adaptadas ao EEES) previa valoración do expediente académico dos estudantes. Tamén poderán acceder aqueles titulados universitarios que acrediten experiencia formativa e profesional vinculada aos contextos educativos, previa valoración da súa curriculum profesional.

 

Perfil de ingreso

Para o acceso ao Máster recoméndase o seguinte perfil de ingreso:

  • Diplomada/o, Licenciada/o ou Graduada/o nunha titulación do ámbito da educación ou experiencia profesional no ámbito educativo.
  • Competencias previas relacionadas co ámbito de coñecemento da Psicoloxía e a Educación.
  • Interese polo ámbito da atención á diversidade.
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecementos de TIC a nivel de usuario.
  • Disposición para o traballo en equipo.
  • Capacidade para o compromiso social e ético.